A SAN MARTIÑO VIRTUAL

Nov 11, 2020

Este ano 2.020 quedará na memoria de todos como o ano da pandemia global, que mudou as nosas vidas e hábitos sociais.

OBXECTO DO EVENTO

Tres motivos impulsan a poñer en marcha unha carreira Popular do San Martiño diferente: o primeiro é a necesidade que temos as persoas de interactuar cos individups que nos rodean. Vivimos un momento no que as circunstancias desaconsellan unha interacción física, polo que teremos de saber adaptarnos e utlizar ferramentas , como as tecnolóxicas para alcanzar esa socialización.

A segundo motivación, é que debido ás obvias circunstancias especiais que nos toca vivir, moita xente está pasando momentos moi desfavorables sanitaria e economicamente. Para tratar de aliviar dalgún xeito estas situacións, neste evento non existe cota de inscrición, sí unha doazón voluntaria, de mínimo 1€ destinada a organización que adican seu esforzo a axudar a persoas en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social.

Por último, parécenos importante manter vivo o legado da carreira pedestre máis lonxeva de Galicia,  que tradicionalmente sacas alomenos nestas épocas do ano a moita xente a realizar actividade física co gallo da nosa carreira. É un momentomoi particular da historia o que estamos vivindo, que require de comportamentos adecuados que respecten a normativa sanitaria vixente, polo que para evitar confluencias se efectúan este tipo de retos, que neste caso durará varias semanas.