A SAN MARTIÑO 2021

A SAN MARTIÑO 2021

Descripción

XLIV Carreira Pedestre Popular do San Martiño

Lugar y Horarios

14 de novembro de 2021 ás 12:00,
Pavillón dos Remedios (Rúa Pardo de Cela), Ourense (Ourense)

  • 12:00 10K (18 anos cumplidos)

Competiciones 1978 INSCRITOS

10K (18 anos cumplidos) | 10000 m
1978 inscritos 14/11/2021 | mediodía
7,00€
Hasta el
07/11/2021

Información adicional

INSCRICION

A cuota de inscrición sera de 7€ desde o 21 de outubro de 2021 ata que se cubran as prazas por estrita orde de inscrición.

  • Carreira popular: 1800 plazas
  • Carreira élite: 170 mellores marcas (de xeito paritario) e 30 prazas por invitación da Organización).
RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS E CAMISETAS
  • Entregaranse no módulo de atletismo do Pavillón dos Remedios de Ourense, o venres, 12 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado, 13 de novembro, de 10:00 a 20:00 horas.
  • Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar certificado dunha proba PCR ou de antíxenos negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico nun máximo de 72 horas antes do inicio da proba (válido xoves 11, venres 12 e sábado 13 de novembro), ou de permitilo a normativa vixente nos días previos ao evento, unha copia do Certificado do Covid dixital da UE.
  • No caso de non recoller o dorsal e chip nos prazos establecidos, non se poderá participar na proba.
  • Poderase recoller o dorsal doutra persoa presentando unha copia o captura de pantalla do seu DNI, ademais de amosar certificado dunha proba PCR ou de antíxenos negativa CERTIFICADA por farmacia ou servizo médico nun máximo de 72 horas antes do inicio da proba (válido xoves 11, venres 12 e sábado 13 de novembro de 2021), ou de permitilo a normativa vixente nos días previos ao evento, unha copia do Certificado do Covid dixital da UE, da persoa para a que se recolle o dorsal.
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • Non se entregarán dorsais-chips o día da carreira
SERVIZOS
  • NON disporá de servizo de gardarroupa, duchas nin vestiarios. 
CANCELACIONS
  • Unha vez realizada a inscrición, non se devolverá o seu importe.

Aqueles participantes e acompañantes que veñan de fóra de Galicia e/ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID, inescusablemente deberán comunicarllo de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a través de https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs?idioma=ga  no que ademais se especifican cales son estas zonas. Esta comunicación deberá ser completada por cada un dos viaxeiros/as, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. En caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da veracidade da información subministrada.