PROXECTOS SOLIDARIOS

#corremosasanmartiño

#reto10000km

#atodacastaña


A SAN MARTIÑO MÁIS SOLIDARIA:

INSCRIPCIÓNS INDIVIDUAIS: A inscrición é de valde pero para participar deberase efectuar unha doazón mínima dun euro en favor dalgúns dos proxectos solidarios, orientado á axuda dos afectados por esta crise sanitaria na nosa cidade

INSCRIPCIÓNS COLEXIOS: Lembrade que por cada colexio o noso patrocinador CAIXABANK doará 100 euros a repartir en partes iguais entre as asociacións coas que colaboramos


Os proxectos achegados foron:


Proxecto de Cruz Vermella: “Promoción do éxito escolar de nenos e nenas en dificultade social”, moi importante nos rapaces en idade escolar, sobre todo nestes períodos de confinamento.


Proxecto de Cáritas Ourense, específico para este evento: “Corremos por los más afectados por la pandemia de la Covid 19”, que buscará continuar cubrindo necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas da nosa cidade.