CÓMO PARTICIPAR NO RETO DOS COLEXIOS

  • COMUNICACIÓN ORGANIZACIÓN: A organización da San Martiño Virtual e Solidaria 2020, coa idea de facilitar a participación de todos os centros que habitualmente participan no evento presencial, porase en contacto cos mesmos a través do correo electrónico e contacto facilitado outros anos. Remitiremos unhas sinxelas pautas para participación e a partir dese momento daremos soporte a todas as vosas dudas.
  • INSCRICIÓN: A inscrición é por colexio, é decir, un dorsal por colexio, non é necesario inscribir a todos os alumnos. Se o voso centro participou na SAN MARTIÑO 2019 non tedes que facer nada porque xa procesamos nós a vosa inscrición por vós no RETO COLEXIOS SM VIRTUAL E SOLIDARIA 2020
  • COMPROBACIÓN INSCRICIÓN e DORSAL COLEXIO: Podes comprobar neste enlace se estades na listaxe de centros, no caso de non estar ponte en contacto con nós a través deste correo consulta@championchipnorte.com
  • DESCARGA DORSAL COLEXIO: Podedes descargar o dorsal virtual dende a listaxe da competición RETO COLEXIOS, para facer as actividades e para compartir fotos ou vídeos das mesmas nas vosas redes
  • CONFIRMACIÓN DA PARTICIPACIÓN: Cada centro debe confirmar a súa participación contestando un mail cos datos solicitados
  • DOAZÓN CAIXABANK: Lembrade que por cada colexio que participa na SM VIRTUAL Caixabank doará 100,00€
  • REXISTRO DE ACTIVIDADE: Cada colexio poderá rexistrar tantas actividades coma precise e irán sumándose no ranking do RETO DE COLEXIOS e nas estadísticas do evento. Tedes liberdade para plantexar a forma de realizar a actividade física, o único que queremos é que participes nesta  San Martiño tan especial facendo un rexistro da distancia acumulada e o tempo empleado acumulado de todos os nenos que participen en cada actividade. Por exemplo: Se nunha sesión dunha clase ou clases de 20 nenos fan unha actividade de 1km teríades que rexistrar 20000m e a suma dos tempos de todos eses nenos (aprox) Pasos a seguir:
    • Acceder a web ou APP e picar no botón "REXITRO DE ACTIVIDADE"
    • Tedes que identificarvos co DORSAL e a data elexida
    • Podedes rexistrar as actividades despóis de cada clase ou ao final de cada día
    • Podedes rexistrar tantas actividades coma necesitedes nos prazos establecidos