A carreira pedestre popular do San Martiño celebra a súa 44 edición o domingo 14 de novembro

Out 20, 2021

A participación estará limitada a un máximo de 2.000 persoas, por protocolos sanitarios, unha lista que se conformará por estrita orde de inscrición.

A carreira pedestre popular do San Martiño celebrará a súa 44ª edición o domingo, 14 de novembro, despois da ausencia de proba física -celebrouse un evento solidario- por causa da COVID en 2020. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aplaude a data de celebración, ao facer coincidir esta gran festa do deporte coas festas na honra do patrón da cidade.

A falta de máis confirmacións, a participación da proba estará limitada a un máximo de 2.000 persoas, por protocolos sanitarios, unha lista que se conformará por estrita orde de inscrición.